Ferrol, 21 de febreiro de 2018

Este mércores 21 de febreiro de 2018, Nuk López participará na gala de entrega de premios do Concurso LIDERA do Concello de Ferrol.

 

Nuk López asistirá en calidade de premiada pola súa obra “Ler entre liñas”, gañadora do 2º premio de fotografía de dito concurso.

 

Ferrol, 15 de febreiro de 2018

O próximo xoves 15 de febreiro inaugurase a exposición fotográfica “O sorriso da lúa” no Ateneo Ferrolán.

A presentación da exposición farase ás 20 h onde Nuk López falará sobre o proxecto solidario co centro Namelok Naretoi para o que irán destinados o 50 % dos beneficios recaudados.

Durante o tempo da exposición haberá, a parte das obras expostas, láminas de diversos tamaños e postais á venda coas que colaborar co proxecto.

Estades tod@s convidad@s!!

 

Máis información: http://ateneo-ferrolan.blogspot.com.es/2018/02/exposicion-fotografica-e-charla.html

 

Santiago de Compostela, 16 e 17 de decembro de 2017

Nuk López participará este ano no Mercado da Estrela, un festival multidisciplinar onde os creadores galegos exhibirán e venderán o froito do seu talento nas vésperas de Nadal.

Durante o mercado haberá láminas e postais á venda para colaborar co proxecto “O sorriso da Lúa” onde o 50% dos beneficios van destinados ao centro de nenos discapacitados masai Namelok Naretoi, en Kenia.

 

Santiago de Compostela, do 23 de outubro ao 1 de decembro de 2017

 

O luns día 23 de outubro inaugúrase a exposición “O sorriso da lúa” de Nuk López no Espazo +60 Afundación de Santiago, onde permanecerá exposta ata principios de decembro.

O día 8 de novembro ás 18:30 Nuk López estará no Centro para relatar a súa experiencia en Kenia.

Máis información en :https://www.afundacion.org/ga/agenda/evento/exposicion-fotografica-o-sorriso-da-lua-de-nuk-lopez-no-espazo-60-afundacio

 

Santiago de Compostela, 13 de setembro de 2017

 

O próximo mércores 13 de setembro terá lugar unha nova charla informativa sobre o proxecto “O sorriso da lúa” onde poder colaborar coa compra de láminas e postais.

Nesta ocasión haberá tamén un punto de recollida de material para todas aquelas persoas que queiran colaborar mediante a doazón de:

 

Productos de hixiene íntima femenina: compresas e bragas, principalmente.

Material escolar: libretas, lápices, pinturas, bolígrafos…

Aínda que a comida é unha doazón fantástica, rogámosvos a todos que procuredes non doar comida, xa que dende o propio centro nos demandan con máis urxencia os productos detallados anteriormente. As dificultades para facer chegar o material e o tempo que leva facelo, fai inviable enviar comida. Por outra banda, a súa alimentación e a nosa non son as mesmas, polo que para eles é mellor contribuir doutros xeitos, xa sexa facéndolles chegar cartos cos que poder abastecerse no comercio local, coma aportando materiais que alí son moi complicados de conseguir.

Tal e como aconteceu nos anteriores eventos, o 50% dos beneficios do “Sorriso da Lúa” serán destinados ao centro de acollida de nenos discapacitados masai Namelok Naretoi, de Entasekera, Kenia.

 

Santiago de Compostela, 17 de agosto de 2017

O próximo 17 de agosto terá lugar a inauguración da exposición “O sorriso da lúa” no Xardín dos Soños, en Santiago de Compostela. A presentación da exposición farase ás 20 h onde se fará unha pequena intruducción sobre o proxecto e o centro Namelok Naretoi para o que irán destinados o 50  % dos beneficios recaudados.

Tamén haberá á venta láminas e postais.

Estades tod@s convidad@s!!

 

Santiago de Compostela, 10 de maio de 2017

Inagúrase a exposición “O sorriso da lúa” no restaurante vexetariano Entrepedras, que permanecerá exposta ata o mes de agosto.

 

Trátase dunha exposición solidaria sobre Kenia, onde o 50% dos beneficios serán destinados ao centro de acollida de nenos discapacitados massai “Namelok Naretoi”, en Entasekera, rexión de Loita, sur de Kenia.

 

Durante o tempo da exposición haberá, a parte das obras expostas, láminas de diversos tamaños e postais á venda coas que colaborar co proxecto. Se estás interesado non dubides en preguntar ao personal do Entrepedras, que ademáis de dar moi ben de comer son xente moi amable!!