10 de outubro de 2018

 

MANIFIESTO DA ALUMNA DAS FIGURAS DE PAPEL

Un proxector. Fondo branco. Letras negras. Sen imaxes. Puntos e subpuntos. Frases, números, letras…

Un proxector, un aula chea de alumn@s, un mestre diante dun ordenador.

Unha voz, un dedo índice que preme sempre a mesma tecla.

Unha voz que lee o que está escrito na diapositiva, lentamente. Variando moi mínimamente, se os ointes teñen sorte, algunha das verbas alí escritas.

Unha escola de arte, a aula repleta, a creatividade berrando dentro das xentes.

Un mestre, con cara de aburrido, aburríndose a sí mesmo, desmotivado, baleiro, farto.

Rostros apagados, aborrecidos das horas a escoitar as teimas sen motivación dun desmotivado.

Visitas ao baño por darse un aire, ollos que se pechan, xente cabeceando.

Outros que buscan no mundo dixital unha fuxida, entre páxinas web e series do Netflix que non teñen nada que ver co tema. Algúns que, sendo estudantes brillantes fan un gran esforzo por soportar as dúas horas máis longas das súas escasas dúas décadas de vida.

E eu no medio, debuxando figuras xeométricas nun papel, xogando coas sombras. Co portatil apagado e o lápiz en folga de copiar tanta merda.

Atópome aquí, no medio dun contexto educativo que escollín consciente e voluntariamente despois de ter “sufrido” o sistema universitario e as ensinanzas privadas.

Abraiada da capacidade do ser humano de ser infeliz, voluntaria e económicamente retribuido. Infeliz e orgulloso, coa autoridade por diante e a sentenza de “estades aquí porque queredes” para defenderse das caras de aburrimento e as queixas da pesadez da asignatura.

Por suposto a asignatura non ten culpa ningunha. O meu irmán é capaz de explicarte a informática cunha paixón que podería deixarte abraiado e alucinado ata tal punto que acabarías utilizando software libre e mandando ao Windows ao carallo.

O problema somos nós.

É ese mestre acomodado, aceptando impartir unha asignatura que aborrece e sentenciando á mediocridade educativa aos seus alumnos.

O problema somos as alumnas e alumnos que, frustrados e sometidos, quedamos impasibles escoitando esas verbas que nos retan, esa invitación a marchar se non queremos soportar tal sacrificio.

Aprender non é sufrir, é disfrutar, xogar, experimentar, explorar, compartir. Aprender no ten nada que ver coas obrigas polas faltas de asistencia, con pasar lista, con facer os traballos na clase e chegar puntual.

Aprender comeza polos ollos, as orellas, o pel… Inunda os sentidos, o cerebro e o corazón.

E ensinar non é repetir o que hai escrito nunha presentación de power point, non é sentarse nunha cadeira frente a outra xeneración e falar dos teus logros profesionais, nin sequera dar leccións de vida.

Ensinar é sentir, con paixón a túa arte, sentir os teus coñecementos ata tal punto que sexas capaz de expresalos, capaz de facer que o inunden todo, atrapando na túa rede de coñecemento a aqueles que teñen a sorte de escoitarte.

Hoxe, por desgracia, nin fun quen de aprender, nin foron quen de ensinarme.

 

 

29 de setembro de 2018

 

PLURILINGÜE

Son plurilingüe. O mesmo bótoche un piropo en galego, que talk about my trips in english, que je te dis ma façon de voir la vie comme un jeux, que te mando a tomar por culo en español. Gosto de falar moitas linguas porque cada unha delas ten para min unha maxia diferente.

O galego nace nas miñas entrañas, colonizou os recunchos todos co seu léxico castraposo e as súas influencias culturais. Froito do amor duns pais que decidiron voluntariamente comezar a falar galego pra ensinarllo a uns fillos que ainda non sabían a tiranía do estado lingüístico.

No colexo aprendín el correcto español. Ese que utilizo moitas veces para comunicarme no día a día, igual de castrapo que o galego, cos tempos mal conxugados, as verbas galegas coladas con calzador, o “pasame el freganzo, por favor” e tantas outras incomprensibles boas intencións na lingua do superestado.

O inglés, that’s perfect to know people from everywhere. Co inglés todo vale, non importa un carallo destrozalo, ofendelo, arrastralo pola porcallada de pobreza fonética coa que nos comunicamos. It’s usefull and cool to talk in english. Hoxe en día é máis importante falar inglés que ser boa persona. Di que si!

E o francés… esa lingua sensual que me fai tremer as pernas… o je t’aime, donne moi du lait, s’il te plaitlaisse-moi tranquille! O francés é esa lingua coa que podes mandar a merda a calquera cun sorriso e sensualidade. Unha lingua que me axuda a refinar o caracter bravo das terras artabras.

Son plurilinguê, pero non idiota. Se cual es mi lengua chefs d’état, coñezo as miñas raices and I wont lose it porque tengas miedo a nuestra riqueza cultural.

Vaia que lio… e que estanse perdendo as linguas. O galego is very strong et Je ne peux pas l’arrêter. Arremete contra the rest of languages e afúndeos in the midle of la merde!!!

Ay xentiña, di que sí galego, imaxínote con capa e leggins! Moustache e rapeando, que xa de paso que destrúes as linguas blasfemia un pouco e así facemos a noticia completa.

Have a nice day! Que tengas buen día! Bon courage! A pasalo bomba!